FIXAR 2026

Becamos a 80 persoas de Galicia que viven no rural ou que queren mudarse ao rural galego

Convidámoste a vivir no medio do monte, en espazos de coliving ou en casas e estudos creativos onde podes traballar no teu propio proxecto. Podes escribir, pensar, crear, debuxar teu comic, facer o plan do teu negocio ou deseñar o plan para mudarte ou quedar a vivir na aldea.

Nós axudámoste co teu proxecto e co teu plan de quedar na aldea, mentres cociñamos e fuchicamos xuntos nos talleres de ferramentas ou nas hortas.

As dúas primeiras bolsas esgotáronse e agora volvemos coa terceira edición.

Ata cubrir as prazas

fixar 3

Manu é fotógrafo e vive na zona de Lugo na súa aldea. Vive da fotografía e ten clientes por toda Galicia. Normalmente fai fotografía deportiva (ciclismo, rally, carreiras). Gustaríalle ter un pouco máis de amizade no rural preto da súa aldea.

Laura é deseñadora gráfica, montou o seu pequeno estudo nunha casa alugada na aldea preto de Santiago de Compostela. Estudou en Madrid e decidiu volver a Galicia. Traballa en remoto e gustaríalle atopar un par de clientes máis (se pode ser de fóra).

Rubén quere mudarse de Vigo ao rural e abrir un pequeno taller de coches, xunto coa súa parella e dúas fillas. Xa ten o espazo para montar o taller, pero cústalle un pouco lanzar todo.

Presentámosvos o proxecto Fixar, onde invitamos a persoas como Manu, Laura e Rubén a vivir a experiencia de coliving mentres crean unha rede con outras persoas de Galicia e de todo o mundo.

Estamos creando unha rede que vai axudar a Manu a conectarse con máis de 220 persoas que fan cousas no rural galego.

Laura vai aprender como buscamos clientes por todo o mundo e conectarémola coa nosa rede internacional.

Rubén recibirá o apoio necesario para lanzar o seu taller de coches e axudarémolo para que todos no seu novo pobo e arredores saiban que o novo taller está aberto.

Sasha con huevos en el gallinero

Fixar - proxecto que axudará a fixar poboación no rural a través do coliving, mentoría e innovación.

Senderizmo na aldea

Cuidado señal na aldea
Flores de Galicia

Fotos: Nemanja Knezevic

Durante a túa estadia en Fixar vas saír un pouco da túa rutina habitual para vivir a vida dunha aldea pequena. Case todos os espazos de Fixar están situados na Galicia profunda, rodeada de natureza salvaxe pero chea de vida. Vas convivir con outros Fixars, pero tamén con algún estranxeiro que está visitando os espazos de coliving. Vas ter tempo para ti, vas poder aprender cousas e compartir as túas ideas con outras persoas. Todo será moi relaxado e sen ningunha presión.

Se estás pensando en mudarte ao rural, vas ver como nós o vivimos. Vas poder aprender como xestionamos ou lanzamos os nosos pequenos produtos ou proxectos. E tamén vas ter mentoría profesional que poida aportarte algunha orientación.

Vimos persoas que por fin remataron de debuxar o seu cómic. Vimos Fixars que lanzaron o seu novo pequeno negocio na aldea. Vimos persoas que decidiron comprarse unha casinha ou ruína. Vimos persoas que se apuntaron a viaxar cos nosos colivings a outros programas internacionais (desde Cerdeña, vía Balcáns ata Noruega). Vimos participantes que se unen para expoñer as súas obras xuntos, que se axudan a atopar casas preto unhas das outras e moitos Fixars que se contrataron entre si; e o máis importante, fixeron amizades que xa duran anos.

illustrative image of a map fixar

Mapeamos algúns os proxectos de Fixar neste mapa único.

Agora converteuse no mapa de proxectos de vida das persoas que viven ou desexarían vivir no rural galego.

Este mapa debe lerse amodo, onde se poden investigar diferentes ideas e conectar coa xente. Actualizámolo regularmente.

Foi elaborado por Admir Veljovic, cartógrafo, investigador e deseñador.

Filmes

Moitos proxectos de Fixars caben en filmes sobre as súas vidas e proxectos. Intentamos filmar algúns deles e documentar as súas vidas. Coas mentorías tentamos axudar a algunhas persoas a elixir o seu rumbo ou as súas estratexias. Por exemplo, axudamos Montse a facer a web e simplificar o proxecto. Con Julia, de Greleria, axudamos a lanzar o seu novo espazo. David fixo un experimento vivindo na aldea antes de comprar a súa casa, mentres construía o seu pequeno negocio de arranxar cousas electrónicas. Outras persoas teñen o soño de comezar o seu proxecto e abrir o seu taller de deseño téxtil e o seu armario de época. Podes ver aquí 8 filmes diferentes.

Que inclúe esta beca:

icon fixar

Estancia de 15 días nun espazo de coworking e coliving o casa creativa. Os custos da comida non están incluídos (entre 10 e 14 euros por día) e todos colaboran na cociña.

No formulario podes escoller estadías nos coliving entre maio e outubro.

icon fixar

Uso de todas as instalacións, incluíndo espazos de coworking, maker spaces e talleres.

icon fixar

Mentorías.                

icon fixar

Unha chea de actividades creativas que adoitan realizarse nos colivings.

icon fixar

Xuntanzas (eventos despois da estancia no coliving) e acceso a un grupo en liña con outros Fixars de Galicia para manter activa a rede durante anos.

Apúntate aquí

Serás incluído/a na lista de agarda porque sempre hai cancelacións

Aberto a calquera persoa que estea empadroada en Galicia
Prioridade para aquelas que vivan ou desexen trasladarse á aldea

Ata cubrir as prazas

Este ano temos unha novedade. A parte dos tres espazos de coliving Sende, Anceu e iSlow (como ata agora), introducimos novos espazos que van acollelos. Estes novos espazos foron fundados ou están sendo xestionados por participantes de Fixar que xa participaron en edicións anteriores:

A Greleria, A Maceta, Antigua Fonda, Casá María e O Castro Village.

Xuntanzas

Cando te unes a Fixar, tamén podes participar en encontros onde moitos de nós nos xuntamos para falar, crear redes, comer e bailar. Chamámoslles Xuntanzas.

photo fixar islow
photo fixar anceu
photo fixar islow
photo fixar anceu


Fotos de: Alberte Peiteavel

A pedra
“Tiene mucho sentido, porque Fixar es también una forma de acercarte a la ruralidad y ver si te encaja. Aquí hubo personas que vinieron por temporadas y se han mudado; han decidido que Anceu era su sitio”, explica África.
Faro de Vigo
logos